Non Se Me Ocorre

Non Se Me Ocorre 歌词

年份2013
时长3:50
原文语言GL
浏览量2.9K
歌词坐标

原文歌词

GL
暂时没有翻译,当前显示原文歌词。
18
Canta verdade pode conter unha resposta que se dá sen pensar? Cantos reloxos poden medir o tempo que non che souben adicar? E sen pedir por escenas de amor nen pasear por mundos de regaliz Canto imaxino morrer con alguén... Non se me ocorre outro que non sexas ti Cantas palabras hei de cuspir para vomitarte e aliviar este ardor? Cantos abrigos, canto vapor, para suar a febre sen inxeccións? E sen lisérxicos que sirvan de tren, nin psicotrópicos de hippie feliz Cando imaxino voar con alguén... Non se me ocorre outro que non sexas ti. E suspiro e lembro aqueles días En que o universo limitaba con nós En que despegaba se tí te rías En que velaba sempre a túa voz. Cantas materias hei de cursar para aprender a esquecer o que vivín? Cantas caídas, cantas lesións, que leven todo fotograma de aquí? E sen vivir nun bolero nin ser a diva histriónica que clama a súa fin Cando abandono o chan por alguén... A inspiración do drama...sempre es ti. E dúrmome e lembro aqueles días En que a fronteira a debuxaba un colchón En que un pixama era a túa pel contra a miña En que todo o que sumaba daba dous.