Boto En Falta Unha Ilusión

Boto En Falta Unha Ilusión 歌词

年份2013
时长8:31
原文语言GL
浏览量13.6K
歌词坐标

原文歌词

GL
暂时没有翻译,当前显示原文歌词。
18
Boto en falta unha ilusión Que me reconvirta en min Que, sen querer, me perdín Pensando que me salvaba Boto en falta a quen amaba E aquel tempo que soñei Estando esperta e pensei Que de ti me alimentaba. Boto en falta a túa voz A túa cara e a alegría As horas devaluadas E até a túa covardía E non son quen de lembrar As navallas e as mentiras E non se asenta o rancor E de min non te retiras. Hoxe xa non hai dor Xa non choro berrando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando Hoxe xa non hai dor Non hai sangue brotando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando A tristura xa marchou Colonízame a desgana Eu que tiña fe pagana En ser fénix e voar E coa forza do espertar Abrazar o vitalismo Espertei no mesmo abismo Máis valera non soñar. Se por volverte bicar Sucumbise aos meus instintos Se de todos os delitos Cometese o de voltar A fatiga e o penar Sufriría resignada Porque vivo condenada A non poderte olvidar.