Delirando pola cidade

Delirando pola cidade lyrics

GenreBlues
Duration4:44
Original languageGL
Views283
Lyrics coordinates

Original lyrics

GL
Translation not available yet. Showing the original lyrics.
18
Pérdete na cidade. Ten coidado, faino a modo As rúas desoladas, As farolas somnámbulas. O que atopes colmarate de pánico. Mirando nas caras cóntanse cadáveres. O ceo é de algodón de bares. Están mortas as chemineas. Os rumores van cansos. Que revente o tempo. Quero beber sangue no asfalto. Rúas que suben e baixan e se agochan baixo as casas. Rúas que morden nos pés, automóbiles afónicos. Hai pupilas que se licuan ó darlle volta ás cartas. Na terraza dun bar, peitos birollos buscan sorrisos. Alguén se crucifica, abrindo unha ventá. E chegando á esquina unha sombra tírase ó tranvía.