Muiñada

Muiñada 가사

연도1978
장르Folk
길이2:05
원문 언어GL
조회수10.3K
가사 좌표

원문 가사

GL
번역이 아직 없습니다. 원문 가사를 표시합니다.
18
Era unha noite de chuvia e de frío a que eu pasei, no muiño do río! toda contenta empece a cantar, pra non ter medo á noite pasar! Dum, dum, petan á porta, saio a correr: é Marquexiño que viña moer! Viña cun conto, levado do demo cousas que as mozas, moitas non queremos! O pillo decía: eu quero moer, no muiño do río, oxe tén de ser! No meu muiño non moe ninguén tódos o queren porque moe ben! Que moe ben, dirano os tolos, pro, polo visto, non moe para todos! E se ti queres, pra mm moerá e se non queres xa che pesará! E, se me pesa, hei de pousar pero, por ti, non he de chamar! Pero Marquixo, como é "caradura» fóise achegando e colleume a cintura. Eu teño xenio, logo me enfadei, co aliviadoiro, no lombo lle dei! Botéino fora, e cerreille a porta porque pensei que lle daba unha volta. Pobre Marquixe, qué mal lle saleu, que levou na chepa, e mais non moeu!