Muller

Muller 가사

연도1978
장르Folk
길이5:16
원문 언어GL
조회수44.7K
가사 좌표

원문 가사

GL
번역이 아직 없습니다. 원문 가사를 표시합니다.
18
Ai meu gaiteriño Ainda me acordo Cando baixabas polo monte abaixo E viñasme ti dicindo Bota carne no pote, marianiña Bota carne no pote, marianá Un molete enteiro. Enservelletado Unha bota con viño, chupáená Muller, fartura de loitar Qué che hei decire eu, muller? Se ti és coma a terra nosa E a terra é coma ti é! Deixeivos a entrambas soias Anque convosco quedei Valeira está a terra, morna Ti, sementada, abofé. (bis) E o vento decía Pronto hai de volver! Pra tira-la fame, pra poder comer Ai, muller, cántas noitiñas Te deitaches coa tristura? E o vento, ainda che traguía As novas dos que marmuran E o vento decía Pronto hei de volver Ti és o milagre da terra E, a terra é un milagre teu Mistura de mel e cerna De fera e de anxo do ceo Pariches de pé o fillo Como fan no mente as bestas E hoxe que volto vencido Para que eu venza ti te deitas O voltar, qué che hei decir? Maldito o día e a hora En que te deixei aquí Pra percurar vida fora O inverno da emigración Roubóunos a primavera Quén eu era, xa non son E ti non és a que eras Xa poden os leiros dar Colleitas ben abondosas Poden en madrí falar Con palabras ben fermosas Que nunca nos han de pagar A nosa fame de outrora! E o vento decía Pronto hei de volver Pra tira-la fame Pra poder comer