Un Repoludo Gaiteiro

Un Repoludo Gaiteiro کے بول

البمVida E Morte
سال1974
صنفFolk
دورانیہ3:40
اصل زبانہسپانوی
مناظر7.4K
گیت کے بول کے نقاط

اصل بول

ES
ترجمہ ابھی دستیاب نہیں۔ اصل بول دکھائے جا رہے ہیں۔
18
Un repoludo gaiteiro De pano sedán vestido Como un príncipe cumprido Cariñoso e falangueiro Entre os mozos o primeiro E nas cidades sen par Tiña costume en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Sempre pola vila entraba Con aquel de señorío Sempre con puxante brío Co tambor se acompasaba E se na gaita sopraba Era tan dóce soprar Que fixera en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Todas por el reloucaban Todas por el se morrían Se o tiñan cerca sorrían Se o tiñan lonxe choraban ¡Mal pecado! Non coidaban Que c’aquel seu frolear Tiña costume en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Camiño da romaría Debaixo dunha figueira Cánta meniña solteira ¡Quérote! Lle repetía E el coa gaita respondía Por a todas embaucar Pois ben fixera en cantar Aló pola mañanciña Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar Con esta miña gaitiña Ás nenas hei de enganar ¡Nas festas, cánto contento! ¡Cánta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas Déranlle o seu pensamento E el que de amores sedento Quixo a todas enganar Cando as viu despois chorar Cantaba nas mañanciñas Non sexan elas toliñas Non veñan ao meu tocar Non sexan elas toliñas Non veñan ao meu tocar