As Pachocas

As Pachocas lyrics

Year1999
GenreFolk
Duration1:59
Original languageGL
Views6.6K
Lyrics coordinates

Original lyrics

GL
Translation not available yet. Showing the original lyrics.
18
¡Que ben cantan, que ben bailan aquelas catro pachocas! ¡Que ben cantan, que ben bailan! ¡Que ben menean as zocas! Aqueles que andan no baile ambos me parecen ben, ela parece unha rosa e el parece un caravel. Eu pedinllo a unha nena no porteliño do prado. Respondeume a picarona que estaba o campo mollado. Aquel paxaro non canta seica non ten alegría, non se fai cousa de noite que non se saiba de día. Vamos ruando, meniña, e vamos ruando a eito, xa que levámo-la sona, levarémo-lo proveito. Séntate aquí miña prima ti nunha pedra e eu noutra, axudarasme a cantar, a miña fortuna é pouca.