가사 좌표
GL원문 가사
번역이 아직 없습니다. 원문 가사를 표시합니다.
A noite é de pedra
De pedra os muros
E as tebras de pedra
O chan e as reixas
As cadeas e as portas
O ar e as fenestras
E as olladas lonxanas
Tamén son de pedra
Os corazós dos homes
Que ó lonxe espreitan
Coma o seu sangue
Tamén son de pedra
I eu morrendo
Nesta noite de pedra
E de menceres mortos
Longa noite de pedra






