Adiós Ríos, Adiós Fontes

Adiós Ríos, Adiós Fontes 가사

연도1990
장르Folk
길이3:11
원문 언어스페인어
조회수31.1K
가사 좌표

원문 가사

ES
번역이 아직 없습니다. 원문 가사를 표시합니다.
18
Adiós, ríos, adiós, fontes Adiós, regatos pequenos Adiós, vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos Miña terra, miña terra Terra donde m’eu criei Hortiña que quero tanto Figueiriñas que prantei Prados, ríos, arboredas Pinares que move o vento Paxariños piadores Casiña do meu contento Muíño dos castañares Noites craras do luar Campaniñas timbradoiras Da igrexiña do lugar Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor Camiñiños antre o millo ¡Adiós para sempre adiós! ¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento! ¡Deixo a casa onde nascín Deixo a aldea que conoso Por un mundo que non vin! Deixo amigos por extraños Deixo a veiga polo mar Deixo, en fin, canto ben quero ¡Quén puidera non deixar! Adiós, adiós, que me vou Herbiñas do camposanto Donde meu pai se enterrou Herbiñas que biquei tanto Terriña que nos criou Xa se oien lonxe, moi lonxe As campanas do pomar Para min, ¡ai!, coitadiño Nunca máis han de tocar Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor Voume soio, sin arrimo Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña Adiós por sempre quizáis! Dígoche este adiós chorando Dende a beiriña do mar Non me olvides, queridiña Si morro de soidás Tantas légoas mar adentro ¡Miña casiña!, ¡meu lar! Adiós ríos, adiós fontes Adiós, regatos pequenos Adiós, vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos Non sei cando nos veremos