.​.​.​E Na Novena Onda Caeron Os Deuses

.​.​.​E Na Novena Onda Caeron Os Deuses 歌詞

ジャンルFolk
時間3:56
原文言語スペイン語
閲覧数186
歌詞座標

原文歌詞

ES
翻訳はまだありません。原文を表示しています。
18
Arriba ao teu lar Compás é teu sangrar Vermello o rumbo do remar. Quebrará Nuadha nos cantos crueis. A lanza de Lug,eclipsada é Loitan os remos nas bravas augas Mitos que emigran pola vinganza Irmáns da dor bátense en ira Quebra a arcana Galicia. Enigma sen horizonte, ilumínate a lúa. Guíante os mortos cara unha terra núa Invoca á nova nai baixo tres caras: Eiru, Fodla, Banba! Ousados fillos de Mil, Inis Ealga invocan para si. Rapsodia de Aimergin: Na novena onda voltará Ith. Na pedra de Fál Novos reis, Do Caldeiro de Dagda Brotará hidromel Crisol de palabras sen batalla Naufraga o trance da vinganza Nove ondas verdes, nove augas, No seu útero morre Dana Ventos fronte o forzado xerminar, Invocan dagas sobre os reis de Temair Seducida dama, deixa penetrar Eremon, Eber, no húmido lar Ousados fillos de Mil, Inis Ealga invocan para si. Rapsodia de Aimergin: Na novena onda voltará Ith. Quen limpa o pétreo altar? Quen onde se pon o sol? Quen é salmón nas montañas? Quen é valoroso boi? Quebra a espada de Nuadha Sobre os nosos cantos crueis Lug non sacia ao astro sol Novo Ogham para os Gaels Quen dá nome as montañas? Quen mora súas entrañas? Que bardo vitorias canta? Que sátiro poemas cala? A pedra de Fál berra O nome dos novos reis. Do Caldeiro de Dagda Brota a feixe o hidromel Lai, la, la, la, ra, Lai, la, la, la, ra, Lai, la, la, la, ra, La, ra, la, ra, lai Cantos ao Norte, Envólvenme as augas da morte, Penetran en min as espadas, Esquecendo a vosa Brigantia Na novena onda Lai, la, la, la, ra, Lai, la, la, la, ra, Lai, la, la, la, ra, La, ra, la, ra, lai.