Sementeira

Sementeira 歌詞

アルバムSementeira
1978
ジャンルFolk
時間4:37
原文言語GL
閲覧数150.4K
歌詞座標

原文歌詞

GL
翻訳はまだありません。原文を表示しています。
18
Sementar sementarei Loguiño de crarear En tanto no pobo medre Un meniño, un vello e un cantar Un meniño rebuldeiro Que fale na lingua nai Que suba aos pexegueiros A froita verde a roubar Sementar sementarei Un vello que dé consellos Un rostro de fume e pan Que conte contos ós nenos Do cuco e do paspallás Sementar sementarei Un cantar de redención Un vello e novo cantar Que troque a desolación Nun limpo e craro alborear Sementar sementarei Logo, deixáime morrer Entre dous regos queimados Cando veñan os solpores Dos homes esfamiados