Bos Amores

Testo di Bos Amores

Anno2015
GenereRock Roll
Durata3:14
Lingua originaleGL
Visualizzazioni1.6K
Coordinate del testo

Testo originale

GL
Traduzione non ancora disponibile. Mostriamo il testo originale.
18
Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen Nunha mañán de maio, hai amores soaves Que n’inda vir se sinte, nin se ve cando entraren Pola mimosa porta que o corazón lles abre De seu, cal se abre no agosto A frol ó orballo da tarde E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares Brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles En nós encarnan puros, corren coa nosa sangre I os ermos reverdecen do esprito onde moraren Busca estes amores, búscaos Si tes que chos poida dare Que éstes son sóio os que duran Nesta vida de pasaxen