Memoria da Noite

Testo di Memoria da Noite

Lingua originaleSpagnolo
Visualizzazioni1.4K
Coordinate del testo

Testo originale

ES
Traduzione non ancora disponibile. Mostriamo il testo originale.
18
Madrugada, o porto adormeceu, amor A lúa abanea sobre as ondas Piso espellos antes de que saia o Sol Na noite gardei a túa memoria Perderei outra vez a vida Cando rompa a luz nos cons Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar Perderei o día que aprendín a bicar Palabras dos teus ollos sobre o mar Veu o loito antes de vir o rumor Levouno a marea baixo a sombra Barcos negros sulcan a mañá sen voz As redes baleiras, sen gaivotas E dirán, contarán mentiras Para ofrecerllas ao Patrón Quererán pechar cunhas moedas, quizais Os teus ollos abertos sobre o mar Quererán pechar cunhas moedas, quizais Os teus ollos abertos sobre o mar Madrugada, o porto despertou, amor O reloxo do bar quedou varado Na costeira muda da desolación Non imos esquecer, nin perdoalo Volverei, volverei á vida Cando rompa a luz nos cons Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar Non nos afundiremos nunca máis Que na túa memoria xa non hai volta atrás Non nos humillaredes NUNCA MÁIS