O Neno

O Neno के बोल

वर्ष1980
शैलीFolk
अवधि4:01
मूल भाषाGL
व्यूज़2.5K
गीत निर्देशांक

मूल बोल

GL
अनुवाद अभी उपलब्ध नहीं है। मूल बोल दिखाए जा रहे हैं।
18
Había un lume aceso Na casa dos abós. Agora ben comprendo Que o lume eramos nós. O pai que contaba unha Historia medoñenta. A nai surría, pois A historia n´era certa. Afóra, nos camiños Refungaba o corisco. Unha irmá preguntaba Polos probes de cristo. O vento neboeiro Agollapaba a chaira. ¿onde están esta noite Os que non teñen casa? O bosco era un misterio Rumoroso e lonxano. O irmáo máis pequeno Preguntaba calado. Agora é xa un home, E sigue preguntando. Agora é xa un home, E sigue preguntando.