Cantiga de berce

Cantiga de berce के बोल

एल्बमO Tequeletequele
वर्ष1977
शैलीFolk
अवधि3:01
मूल भाषाGL
व्यूज़42.4K
गीत निर्देशांक

मूल बोल

GL
अनुवाद अभी उपलब्ध नहीं है। मूल बोल दिखाए जा रहे हैं।
18
Durme meu neno, durme, sen máis pranto, que o tempo de chorare, vai pasando Que a terra na que vives, no que bágoas, precisa homes inteiros, pra liberala. Durme meu neno, durme, colle forzas, que a vida que che agarda, pide loita. Recollera-lo froito sementado, no inverno escuro e frio, no que estamos. Semente feita en sangue por un pobo que xurde dende a hestoria, dende o sono, un sono cheo de aldraxe e miserento, un sono de inxusticias e silencio. Mira a língoa que falo, despreciada, por ser língoa de probes, língoa escrava, son o orgullo que temos, língoa de probes. Só neles hai verdade e máis honores. Durme meu neno, durme, niste colo, que esta terrra de escravos non tén odio. Tén séculos de espranza, agardada, que pón hoxe nos fillos que amamanta.