Noiturno (noiturno do Adolescente Morto)

Letra de Noiturno (noiturno do Adolescente Morto)

Duración5:59
Idioma originalPortugués
Vistas1K
Coordenadas de la letra

Letra original

PT
La traducción todavía no está disponible. Mostramos la letra original.
18
Imos silandeiros orela do vado Pra ver o silandeiro afogado. Imos silandeiros veiriña do ar, Antes que ise río o leve pró mar. Súa ialma choraba, ferida e pequena Embaixo os arumes de pinos e de herbas. Ágoa despenada baixaba da lúa Cobrindo de lirios a montana núa. O vento deixaba camelias de soma Na lumieira murcha da súa triste boca. ¡vinde, mozos loiros do monte e do prado, Pra ver o adoescente afogado! ¡vinde, xente escura do cume e do val, Antes que ise río o leve pró mar! O leve pró mar de curtiñas brancas Onde van e vén vellos bois de ágoa. O vento deixaba camelias de soma Na lumieira murcha da súa triste boca. ¡vinde, mozos loiros do monte e do prado, Pra ver o adoescente afogado! ¡ai, cómo cantaban os albres do sil Sobre a verde lúa, coma un tamboril! ¡mozos, imos, vinde, aixiña, chegar Porque xa ise río mo leva pró mar! ¡ai, cómo cantaban os albres do sil Sobre a verde lúa, coma un tamboril!