Mentras Eu Peno

كلمات Mentras Eu Peno

الألبومMiña Galicia Verde
السنة1974
النوعFolk
المدة5:06
اللغة الأصليةGL
المشاهدات4.9K
إحداثيات كلمات الأغنية

الكلمات الأصلية

GL
الترجمة غير متاحة بعد. نعرض الكلمات الأصلية.
18
Cando a luniña aparece I o sol nos mares se esconde Todo é silencio nos campos Todo na ribeira dorme. Quedan as veigas sin xente, Sin ovelliñas os montes. As fontes sin rosas vivas, Os árbores sin cantores. Vou preguntando ós airiños, Vou preguntando ós pastores, As verdes ondas pregunto E ninguén, ai, me responde. Os aires mudiños pasan, Os pastorciños non me oien, I as xordas ondas perdendo, Outros penedos se rompen. Que triste, que hora tan triste aquela Onde o sol se esconde. Quizás mentras eu peno Nos meus pesares ti goces. Cando a luniña aparece I o sol nos mares se esconde Todo é silencio nos campos Todo na ribeira dorme. Aí tes o meu corazón, Si o queres matar ben podes. Pero como estás ti dentro Si o matas tamén ti morres. La,la,la,la...